renegar

< re- + negar
  1. v i Abandonar unha crenza que se tiña. OBS: Úsase seguido da preposición de.
  2. v i Rexeitar a relación con algo ou con alguén .
  3. v i Protestar en voz baixa.
  4. v i Queixarse de algo dicindo blasfemias.
  5. v t Negar algo de maneira reiterada e insistente.
  6. v t Lanzar maldicións contra algo ou alguén.

Sinónimos

Citas

  • Non o atenderon ben e foise renegando do local
  • Renégote, anxo do inferno!
  • Renegou da súa relixión e fíxose ateo
  • Renegou dos fillos porque só lle querían o seu diñeiro
  • Renegou e dixo unhas barbaridades que non quero repetir
  • Sempre negou e renegou que el fora o outor do crime