render

< lat reddĕre ‘devolver, restituír’
  1. v t Ofrecer algo a alguén como respecto ou recoñecemento.
  2. v t Obrigar ao inimigo a entregarse despois dunha loita.
  3. v t Deixar sen forzas.
  4. v i Dar produtividade ou beneficio algo.
  5. v i Ter a sensación de que o tempo pasa moi lentamente.
  6. v i Prestar un determinado servizo de maneira proporcional á súa cantidade.
  7. v pron Darse por vencido.

Citas

  • Co euro os cartos non renden coma antes
  • Na carreira rendeu o que se esperaba del
  • O equipo rendeulle unha homenaxe aos seus fundadores
  • O tempo que estiven alí redeume coma se fosen días
  • O xogadores rendéronse cando lles meteron o terceiro gol
  • Os insurxentes renderon as armas
  • Rendéronos pola forza
  • Tanto traballo rendeunos