smProveito ou beneficio que produce alguén ou algo nun traballo.
smECON
Resultado que se deriva da actuación propia dunha determinada unidade económica referida a un certo período.
Retribución que se percibe por un capital investido. Mídese como porcentaxe sobre o valor do investimento e é un indicador da súa eficiencia.
smQUÍMRelación entre o número de moles do produto formado nunha reacción química, e o número de moles dun reactivo limitador na súa formación, alcanzando a estequiometría do proceso.
smTECNOLRelación de proporcionalidade, directa ou inversa, establecida entre o efecto útil obtido nunha máquina e a enerxía consumida para obtelo.
rendemento luminosoINDCociente entre o fluxo total emitido e a potencia consumida por unha lámpada, que se expresa correntemente en lumens por watt (lm/W).