reminiscencia

< lat reminiscentĭa
Pliral: reminiscencias
  1. s f
    1. Lembranza incompleta que non é recoñecida como pasado.
    2. Retorno espontáneo á consciencia dunha lembranza confusa.
  2. s f
    1. ARTE Cousa, feito ou motivo que hai nunha obra que recorda algo doutras obras.
    2. MÚS Peza breve ou fragmento musical baseado nunha melodía dunha obra coñecida.
  3. s f FILOS Consciencia do home que, segundo a filosofía de Platón, ao ver os obxectos perceptibles, recorda as ideas dos seres correspondentes.