remexer

< lat remiscēre
  1. v t Dar voltas a algo ou mover unha cousa axitándoa.
  2. v t Poñer en desorde.
  3. v i Tocar algunha cousa ou introducir as mans nela provocando alteracións.
  4. v i Facer averiguacións para descubrir algo oculto.
  5. v i olver sobre un asunto cando xa non se debería.
  6. v pron Poder moverse dun lado para outro.
  7. v pron Moverse moito e de maneira inqueda.

Sinónimos

Citas

  • Non remexas máis, iso xa está solucionado
  • Quen remexeu no meu bolso?
  • Remexe ben o ovo para facer a tortilla
  • Remexeu tanto no asunto da herdanza que ao final soubo a verdade
  • Reméxome mal nesta oficina
  • Xa remexeu os papeis