refractario -ria

< lat refractarĭu ‘obstinado’
Pliral: refractarios Masculino: refractario Masculino plural: refractarios Femenino: refractaria Femenino plural: refractarias
  1. adx Que non se somete a unha autoridade ou a unha regra.
  2. adx QUÍM/IND Aplícase a diversos materiais de estrutura non metálica, xeralmente constituídos por mesturas de óxidos metálicos, destinados a soportar temperaturas elevadas.
  3. MED
    1. adx Que é resistente ao tratamento habitual.
    2. adx Que é resistente á estimulación, especialmente a muscular e a nerviosa.
    3. período refractario Período breve de relaxamento dun músculo durante o que a estimulación non consegue excitalo ou só debilmente.