receptor -ra

< lat receptōre
Pliral: receptores Masculino: receptor Masculino plural: receptores Femenino: receptora Femenino plural: receptoras
  1. adx Que recibe. Tm s.
  2. adx
    1. COMUN Aplícase ao aparato destinado a recibir un sinal, como ondas electromagnéticas ou impulsos eléctricos. Tm s m.
    2. TECNOL Aplícase ao sistema sobre o que se aplica directamente unha forza motriz ou un movemento. Tm s m.
  3. FISIOL
    1. s m Formación especializada que transforma un estímulo nunha mensaxe nerviosa.
    2. s m Grupo químico da membrana celular, inmunoloxicamente compatible, capaz de combinarse co antíxeno.
    3. receptor adrenérxico Receptor do sistema adrenérxico, sensible á adrenalina e a outros neurotransmisores.
    4. receptor sensitivo Célula encargada de detectar os diferentes cambios que teñen lugar no medio interno ou externo.
  4. s m DER/HIST Escribán que practicaba dilixencias xudiciais.
  5. s LING Persoa que recibe a mensaxe nun acto de comunicación.
  6. receptor universal FISIOL Individuo que pertence ao grupo sanguíneo AB.