apóstolo

< lat apostŏlu gr ἀ πόστολος ‘enviado’
Pliral: apóstolos
  1. s m RELIX Cada un dos doce discípulos de Xesús que cita o Novo Testamento, enviados por El a predicar a Boa Nova da súa morte e resurrección.
  2. s m Persoa que se esforza en propagar unha doutrina.
  3. s m pl DER Letras entregadas, xuntamente co proceso orixinal, ao que apelaba contra unha sentenza, dirixidas a un xuíz ou a un tribunal superior.