sfAbertura feita ou deixada expresamente na parede, nunha reixa ou nun valado, desde o chan ata unha altura conveniente, que permite entrar e saír nunha casa, cuarto ou cercado.
sfAbertura de acceso a un lugar.
sfAbertura dun forno de panadeiro, de oleiro ou de vidreiro, pola que se enforna e desenforna e a través da que se efectúan outras operacións propias dun forno.
sfMARParte da almadraba que dá acceso ao cope e que é tapada cunha rede cando os peixes están dentro.
porta carreteiraPorta grande dunha casa de labranza que permitía o paso do carro.
porta de entradaARQUITAcceso principal dunha cidade ou dun edificio.
porta do perdón /ARQUIT/RELIXPorta aberta nun lateral dalgunhas catedrais, onde os fieis poden gañar indulxencias ao entrar por ela.
porta falsaCONSTRPorta situada na parte traseira ou lateral dun edificio e que non é a principal.
porta santaRELIXPorta que hai nas basílicas maiores romanas e nalgunha outra basílica da cristiandade, ao lado da porta principal, e que se abre solemnemente con ocasión do xubileu ou ano santo, na vixilia do Nadal, e se tapa solemnemente na mesma data do ano seguinte.
porta triunfalARQUIT/ARTEPorta illada monumental, de carácter conmemorativo, en forma de arco de triunfo.
sf
Peza móbil, xeralmente plana, que pode ser de madeira, ferro, vidro ou outra materia sólida, e que, adaptada a unha abertura, serve para pechala ou permite o paso por ela.
Peza de madeira ou doutra materia sólida destinada a tapar ou a interceptar algunha cousa.
sfDEPEspazo dun terreo de xogo en que os xogadores deben introducir o balón ou pelota para acadar un tanto.
sfXEOGDesfiladeiro longo entre montañas que permite unha pasaxe cómoda.
FÍS
sfElectrodo auxiliar de certos dispositivos electrónicos semicondutores, destinado a controlar ou disparar o dispositivo.
porta lóxicaCircuíto lóxico cunha ou máis entradas e unha saída que unicamente permite o paso do sinal cara á saída se se cumpren certas condicións fixadas previamente.
ZOOL
sistema portaSistema especial de comunicación venosa entre dous órganos que se compón dunhas ramas que forman un tronco que, despois, se volve dividir en ramas terminais.
vea portaea que se forma no extremo do páncreas pola unión das veas mesentéricas superior e inferior coa esplénica.