pascual

< lat paschāle
Pliral: pascuais
  1. adx Relativo ou pertencente á Pascua.
  2. comuñón/precepto pascual RELIX Recepción da eucaristía durante o tempo pascual, mandada polo Concilio IV de Letrán (1215).
  3. misterio pascual RELIX Actualización, por medio da celebración litúrxica, da eficacia salvadora da obra de Cristo, sobre todo a súa morte e resurrección.
  4. semana pascual RELIX Oitava semana que segue ao domingo de resurrección e continúa a festa ata o domingo denominado in albis.
  5. tempo pascual RELIX Cincuenta días que van do domingo de resurrección ata o domingo de pentecoste.
  6. triduo/triduum pascual RELIX Período litúrxico de tres días que comeza coa misa vespertina de xoves santo e remata nas vésperas de Pascua.
  7. vixilia pascual RELIX Celebración da resurrección de Cristo na noite do sábado ao domingo de Pascua.

Palabras vecinas