< lat v pascŭa lat pascha gr πάσχα hebreo pesa ḥ , influído por lar pascuu ‘lugar de pastos’, por alusión ao remate do xaxún
Pliral:pascuas
sfRELIXFesta xudía que se celebra en conmemoración da liberación de Exipto, unida á festa dos ácimos, que se prolonga durante sete días.
sfRELIXFesta en conmemoración do nacemento de Cristo, da chegada do Espírito Santo ou da adoración dos Reis Magos.
sf plPeríodo de tempo que vai desde o 25 de decembro ata o 6 de xaneiro.
pascua de resurrecciónRELIXFesta cristiá, que se corresponde á pascua xudía, en que se conmemora a morte e resurrección de Cristo, cuxa data pode variar entre o 22 de marzo e o 25 de abril. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
Citas
Aínda non lle levei as pascuas ao meu afillado
Frases hechas
Alegre/contento coma unhas pascuas. Moi contento.
De pascuas en flores/en ramos. De cando en vez.
Facerlle a un as pascuas. Enfastiar.
Refranes
A Pascua onde quixeres, o Antroido onda as mulleres.
Altas ou baixas, en abril son as Pascuas.
Despois de cantar ¡aleluia!, o que teña fame que a sacuda.
Despois de que toquen a aleluia, o que teña fame que a sacuda.
Pascua marzal, ano de mortandá.
Pascua marzal, fame, guerra ou mortandá.
Pascua marzal, ou para moito ben ou para moito mal.
Pascuas en marzo, ou fame ou mortazo.
Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
Pascuas marzais., ou famentas ou mortais.
Pascuas marzales, fames ou mortandades.
Pascuas molladas, moitas dobradas.
Pascuas molladas, que veñan dobradas.
Pola Pascua de Resurrección tres cousas non teñen sazón: sardiñas salgadas, castañas asadas e predicación.