paralelo -la

Pliral: paralelos Masculino: paralelo Masculino plural: paralelos Femenino: paralela Femenino plural: paralelas
  1. adx MAT
    1. Aplícase aos planos que, ou ben coinciden, ou ben non teñen ningún punto en común.
    2. Aplícase á recta ou ao plano que, ou ben a recta está contida no plano, ou ben non teñen ningún punto en común.
    3. Aplícase ás rectas que teñen a mesma dirección. Tm s f.
  2. adx Que van en igual dirección, que mantén a mesma distancia ou que tenden ao mesmo resultado.
  3. adx Que algo ocorre ao mesmo tempo ca outra cousa.
  4. s m XEOG Cada un dos infinitos círculos menores da Terra paralelos ao ecuador, imaxinarios e que diminúen cara aos polos, que serven para determinar a latitude de calquera punto da superficie terrestre.
  5. s m Comparación que se fai entre dúas persoas ou dúas cousas.
  6. en paralelo FÍS Disposición dunha serie de elementos electrónicos de xeito que os bornes da mesma polaridade ou homólogos son conectados entre eles.
  7. ASTRON
    1. paralelo celeste/de declinación Círculo da esfera celeste determinado pola intersección dun plano paralelo ao ecuador coa esfera celeste.
    2. paralelo de altura Círculo da esfera terrestre determinado pola intersección dun plano paralelo ao horizonte coa esfera celeste.