paralelismo

< paralelo
Pliral: paralelismos
  1. s m Calidade de paralelo.
  2. s m Correspondencia ou concordancia por semellanza entre dúas persoas ou cousas.
  3. s f LIT Recurso literario que consiste na repetición dunha estrutura semántica ou sintáctica con pequenas variacións.
  4. paralelismo psicofísico FILOS Doutrina que nega toda relación causal entre materia e espírito e afirma a independencia e coincidencia dos fenómenos propios da realidade física e dos que pertencen ao ámbito psíquico.

Citas

  • Existe un paralelismo entre as súas vidas