smQUÍM/INDElemento metálico que pertence ao grupo I B da táboa periódica, de número atómico 79 e peso atómico 196,967, que se atopa na natureza no seu estado elemental. Presenta unha cor amarela característica, é o máis dúctil e maleable dos metais, ademais dun dos máis estables, non se combina directamente co osíxeno a ningunha temperatura, resiste case todos os ácidos e forma aliaxes coa maioría dos metais. Extráese das áreas auríferas dos aluvións ou dos filóns das rochas auríferas e refínase mediante copelación, tratamento con ácidos ou afinamento electrolítico. A pureza ou lei do ouro exprésase en quilates ou en milésimas e emprégase, ademais de en xoiaría, en certas pezas de material eléctrico, en soldadura e na elaboración de instrumentos de física e de reloxaría.
ouro líquidoQUÍMSuspensión de ouro, finamente dividido en aceites vexetais, que se emprega en decoración.
ouro negroIND/QUÍMpetróleo.
tricloruro de ouro [AuCl 3 ]QUÍMSólido cristalino, vermello cando é anhidro e amarelo en forma hidratada, que se obtén pola acción da auga rexia sobre o ouro.
smCor amarela moi parecida á do ouro.
smConxunto de obxectos de ouro.
smCousa moi valiosa ou que ten un prezo moi alto.
sm plUn dos catro paus da baralla, que está representado por moedas de ouro.