smANIMALMamífero da familia dos erinaceidos, coa parte superior do corpo e os flancos recubertos de pugas, que cando se senten ameazados fan de si mesmos unha pelota, ameazando coas pugas ao atacante. Aliméntanse de froitos e pequenos invertebrados.
smANIMALAnimal da clase dos equinoideos, de corpo globuloso ou hemisférico, limitado por un dermatoesqueleto de placas mineralizadas unidas rixidamente entre elas, que ocupa a franxa costeira desde a zona intermareal ata profundidades de 80 m. OBS: Tamén se denomina ourizo de mar.