orixinal

< lat origināle
Pliral: orixinais
    1. adx Relativo ou pertencente á orixe dunha cousa.
    2. adx Que é a orixe ou fonte dalgunha cousa copiada ou reproducida.
    3. estado orixinal RELIX Estado ou situación existencial que moitas relixións supoñen como a propia da humanidade na súa orixe, en contraposición ao seu estado actual.
    4. graza orixinal RELIX Graza propia do home no estado orixinal, con anterioridade ao pecado orixinal.
  1. adx
    1. Que se aparta do común ou do coñecido. Tm s, referido a persoa.
    2. Que non imita a outros elementos da súa categoría.
    3. ARTE/LIT/DER Aplícase a calquera obra artística, literaria ou documental feita polo autor, que non sexa copia, imitación nin tradución doutra.
  2. s m
    1. ARTE/LIT Obra primitiva dun artista ou dun escritor.
    2. ARTE Persoa, obxecto ou paisaxe que serve de modelo a un pintor, escultor ou debuxante.
    3. LIT Texto autógrafo ou arquetipo, conservado ou reconstruído pola crítica textual.
    4. DER Escritura pública que se extrae inmediatamente do protocolo do notario.

Citas

  • É un home moi orixinal, non lle gustan as mesmas cousas que á maioría da xente, Viste dunha forma orixinal
  • Fixen tres copias da chave orixinal
  • Levaba unha camisa moi orixinal
  • Nese cine proxectan películas en lingua orixinal
  • O que teño eu é un cadro orixinal de Laxeiro