ordenador -ra

Pliral: ordenadores Masculino: ordenador Masculino plural: ordenadores Femenino: ordenadora Femenino plural: ordenadoras
  1. adx Que ordena.
  2. s m INFORM Máquina automática que acepta a información, a trata de acordo cun conxunto de instrucións escritas nunha linguaxe axeitada e rexistradas nunha memoria, e dá os resultados segundo unha forma preestablecida, en forma de datos ou como un sinal que permite o control automático dunha máquina ou dun proceso.
  3. ordenador de peto INFORM Máquina de pequenas dimensións que consta dun teclado para a entrada de datos e dunha pantalla para a visualización dos resultados, que pode ser de díodos luminiscentes ou de cristal líquido.
  4. ordenador persoal INFORM Ordenador de deseño e configuración tecnolóxica adaptados ao uso individualizado, que se distingue así do ordenador para usos profesionais.