sfDisposición regular das cousas ou persoas, unhas en relación coas outras no lugar correspondente.
sfProcedemento metódico e fixado que se segue ao realizar algunha actividade.
sfSOCIOLCompendio de regras e leis inspiradoras e aglutinantes dunha sociedade.
fenómenos de orde-desordeFÍSConxunto de cambios de fase diferenciados polo grao de ordenación dos seus compoñentes.
forzas da ordeBÉLCorpos armados, sometidos a disciplina militar, encargados de manter a orde pública.
orde anxélicaRELIXCada un dos nove graos da xerarquía anxélica, dividida en tres coros, establecida no s VI a partir dunhas categorías bíblicas.
orde naturalECONSituación óptima que, segundo os fisiócratas, pode acadar a orde que existe se se cumpren as leis naturais, inmutables e absolutas que rexen todos os fenómenos sociais.
orde públicaDERSituación de respecto das normas establecidas para a sociedade, que permiten a convivencia social.
sfCategoría ou clase na que se clasifican as persoas, animais ou cousas.
sfBIOLCategoría taxonómica de rango inferior á clase superior e á familia.
smRELIXRito cristián, mediante o que a Igrexa promove a un dos seus membros, considerado idóneo, a un determinado grao do ministerio eclesial: diaconado, presbiterado ou episcopado.
orde arquitectónicaARTEEstilo de construción, na arquitectura grega e romana, que se distingue polos diferentes criterios de disposición dos elementos arquitectónicos fundamentais, polas proporcións respectivas e por outros elementos decorativos peculiares. En Grecia, as dúas ordes básicas foron a dórica e a xónica, que se formaron durante os ss VII-VI a C. A corintia, nacida durante o s IV a C, xeneralizouse durante a época romana.
orde de batalla /MAR/BÉLDisposición en que se ordenan os barcos dunha escuadra en combate e que varía segundo o tipo de barcos e o seu armamento.
orde militarHISTInstitución relixioso-militar creada a partir de finais do s XI para defender os peregrinos que ían a Terra Santa a loitar contra os “infieis”.
orde relixiosaRELIXSociedade de relixiosos, aprobada pola autoridade eclesiástica, que viven en comunidade baixo a observación dunha regra e que emiten votos solemnes.
sfMandamento ou prescrición que cómpre obedecer e seguir, como emanados dunha autoridade competente.
MAT
orde dunha matriz cadradaNúmero de filas (e polo tanto de columnas) dunha matriz cadrada.
relación de ordeRelación binaria R entre os elementos dun conxunto C que é reflexiva, antisimétrica e transitiva. A parella (C, R) constitúe un conxunto ordenado, e os seus elementos denomínanse comparables. Algunhas relacións de orde importantes son a relación de igualdade, a de desigualdade ou a relación de inclusión entre conxuntos.
sfClase dos conxuntos cos que un conxunto determinado pode establecer unha aplicación bixectiva.
orde de infinidadeResultado de comparar dúas funcións f(x) e g(x) que toman o valor infinito cando x se achega a un certo valor a.
orde de unidadesLugar que ocupa un díxito nun número.
orde dun elemento dun grupoOrde do subgrupo xerado por un elemento dun grupo.
orde dun grafoNúmero dos vértices nun grafo.
orde dun infinitésimoResultado de comparar un infinitésimo con outro infinitésimo que se toma como referencia.
orde dunha derivadaNúmero de derivacións que, respecto a unha función orixinal f, se fan ata chegar á derivada en cuestión.