obreiro -ra

< lat operarĭu
Pliral: obreiros Masculino: obreiro Masculino plural: obreiros Femenino: obreira Femenino plural: obreiras
  1. adx Relativo ou pertencente aos obreiros.
    1. s Persoa que traballa nun oficio manual en calidade de asalariado.
    2. obreiro especializado/especialista ECON Obreiro que executa operacións que non requiren o coñecemento do oficio, pero si un período de prácticas e de adaptación.
    3. obreiro cualificado ECON Obreiro que, despois de pasar un período de proba, executa unha tarefa para a que precisa un certificado de aptitude profesional semellante ao que se require para o coñecemento dun oficio.
  2. s m HIST/DER Persoa que tiña ao seu cargo a administración ou a obra dunha parroquia, unha confraría ou outra institución relixiosa ou benéfica.

Refranes

  • O esqueiro na man do obreiro é un bo compañeiro.
  • Sol posto, obreiro solto.
  • Súa o traballador, para o que non é suador.