obriga

< obrigar
Pliral: obrigas
  1. s f Feito de estar unha persoa obrigada a facer algo.
  2. s f Aquilo que unha persoa está obrigada a facer.
  3. s f Favor que se debe.
  4. s f Compromiso de pagar unha suma determinada.
  5. s f Escrito en virtude do que unha persoa pode esixir algo a outra.
  6. s f DER
    1. Deber xurídico de calquera clase.
    2. Situación xurídica en que o acredor ten dereito de crédito.
  7. s f DER/ECON Título que representa unha parte do capital que pide prestado unha sociedade financeira, industrial ou comercial.

Sinónimos

Citas

  • A policía ten a obriga de velar pola seguridade cidadá
  • Ten moitas obrigas pendentes cos seus amigos
  • Teño que cumprir coas miñas obrigas como presidente

Refranes

  • Cousa que se fixo por forza, non se ten por cousa boa.
  • Has facer o que debes e non o que queres.
  • O boi turra do arado, mais non é do seu agrado.