neoclásico

Pliral: neoclásicos
  1. adx Que responde aos canons do neoclasicismo.
  2. ECON Corrente de pensamento económico que reformula a doutrina clásica partindo dos supostos do marxinalismo e que inclúe as diferentes tendencias ás que deu lugar. Fundamenta as súas análises en concepcións antihistóricas, as clases sociais deixan de ser o punto de partida e son substituídas polos axentes económicos, abandónase a teoría do valor do traballo e o concepto de explotación, as análises efectúanse en termos de prezos e a acumulación é substituída pola idea de equilibrio.