neoclasicismo

< neo- + clasicismo
Pliral: neoclasicismos
  1. s m ARTE/LIT Movemento estético de base intelectual, orixinado polo desgaste das fórmulas do barroco final na segunda metade do s XVIII, que se caracterizou polo predominio das formas e dos temas derivados do clasicismo helénico e pola preferencia pola liña e o debuxo sobre a cor.
  2. s m ARQUIT Corrente arquitectónica do s XX representada no comezo por Behrens, A. Loos e Mies van der Rohe, formados aínda na normativa neoclásica, que utilizaron nas súas primeiras obras.
  3. s m MÚS Movemento musical, desenvolvido entre 1918 e 1939, que consistiu nun retorno á música barroca e clásica.