multiplicador -ra

< lat multiplicātōre
Pliral: multiplicadores Masculino: multiplicador Masculino plural: multiplicadores Femenino: multiplicadora Femenino plural: multiplicadoras
  1. adx Que multiplica.
  2. s m MAT Número polo cal se multiplica outro número.
  3. s m BÉL Explosivo que se introduce no cebo dos proxectís ou das cargas explosivas principais e que serve para provocar a explosión da carga. Estoupa polo efecto do detonador.
  4. s m ECON Factor numérico que indica a proporción en que o incremento dunha determinada magnitude repercute na variación final doutra de tal maneira relacionada.
  5. multiplicador de electróns FÍS Parte dun tubo electrónico en que a corrente electrónica inicial é amplificada sucesivamente por un conxunto de dinodos alimentados a un potencial cada vez máis elevado.
  6. multiplicador de frecuencia TECNOL Dispositivo ou circuíto electrónico que produce unha onda de saída na que a frecuencia é múltiplo exacto da entrada.
  7. multiplicador de tensión FÍS Circuíto rectificador que produce unha tensión continua, de saída superior ao máximo da tensión alterna de alimentación e aproximadamente igual a un múltiplo seu.
  8. multiplicador de velocidade TECNOL Sistema de transmisión do movemento en que o eixe de saída ten unha velocidade de rotación superior á do eixe de entrada.