multiplicación

< lat multiplicatĭōne
Pliral: multiplicacións
  1. s f Acción e efecto de multiplicar ou multiplicarse.
  2. s f MAT
    1. Operación aritmética que, dados dous números naturais a (multiplicando) e b (multiplicador), consiste en atopar un número, ab, a´b ou a·b, que sexa o resultado de sumar b veces o número a. OBS: Tamén se denomina produto, e o elemento neutro da multiplicación identifícase co natural ‘1’.
    2. Segunda operación dun anel.
    3. Nome que, por analoxía na notación, se lles dá a certas operacións, tales como a composición de aplicacións ou a lei de composición externa dos espazos vectoriais.
  3. BIOL
    1. s f reprodución.
    2. s f reprodución asexual.
    3. multiplicación vexetativa Reprodución asexual das plantas que non se efectúa por medio de sementes ou esporas sexuais, senón por gallos, rebentos, estolóns, xemas, esporas asexuais ou ben polo procedemento da multiplicación in vitro.
  4. s f TECNOL Aumento da velocidade de rotación dun eixe de transmisión respecto doutro.
  5. s f MAT Operación realizada, en lóxica, sobre conceptos, proposicións ou relacións, que remata no produto lóxico.
  6. s f Acción ou efecto de esparexer en todas as direccións un determinado elemento a partir dun ou varios puntos.
  7. factor de multiplicación FÍS Relación entre o número de neutróns de fisión de dúas xeracións consecutivas, nun reactor nuclear.