lura

< lat lura
Pliral: luras
  1. ANIMAL
    1. lura común [Loligo vulgaris] Molusco mariño da clase dos cefalópodos, de corpo alongado, con oito brazos e dous tentáculos moito máis longos ca estes, dúas aletas triangulares na parte posterior e unha cuncha interior en forma de cuña, delgada e transparente. Ten unha bolsa interna onde acumula unha substancia negra denominada borra, que lle serve para escurecer a auga e evitar que o vexan.
    2. lura pota pota.
    3. lura xigante Cefalópodo do xénero Architeuthis, da familia dos ommatostrécidos, de ata 15 m de lonxitude que vive a profundidades de ata 1.000 m.
    4. s f Molusco cefalópodo dibranquio que comprende diversas especies mariñas, litorais e peláxicas, de corpo alongado cunha cuncha córnea moi semellante a unha pluma, situada dentro do manto e en posición dorsal, dúas aletas triangulares situadas a cada lado do corpo e que chegan ata a metade do manto.
  2. s f Moco que pinga do nariz.

Sinónimos

Citas

  • Colle un pano e limpa esas luras que che caen

Formas incorrectas

calamar

Palabras vecinas