smPATDesignación antiga de calquera enfermidade da pel, habitualmente ulcerosa.
lupus discoidePATEnfermidade da pel de causa descoñecida, que se caracteriza pola aparición de placas avermelladas ricas en queratina, que ao evolucionar deixa áreas da pel atrófica.
lupus eritematoso sistémico/diseminalPATColaxenose crónica, de causa descoñecida, que afecta sobre todo ás mulleres novas, que pode manifestarse por un eritema das rexións malares da cara, a miúdo en forma de ás de bolboreta, ou por lupus discoide.
lupus pernioPATTipo de sarcoidose cutánea.
lupus vulgarPATTuberculose cutánea, con nódulos avermellados de crecemento lento, que tenden a ulcerarse e a deixar cicatrices.