liña

< lat linĕa
Pliral: liñas
    1. s f MAT Conxunto de puntos do plano ou do espazo que son a imaxe, para unha aplicación continua, do conxunto dos números reais.
    2. s f Trazo que representa unha liña.
    3. s f MAT Trazo dun grosor moi pequeno en relación coa súa lonxitude.
    4. liña batimétrica BIOL Curvas de nivel que se corresponden a cotas expresadas en valores negativos, contados a partir da superficie do mar.
    5. liña cotidal XEOL Liña imaxinaria que une os puntos dunha costa en preamar ou en baixamar que teñen lugar á mesma hora.
    6. liña de acción TECNOL Lugar xeométrico dos puntos de contacto de dous perfís conxuntados dos dentes dunha engrenaxe durante o movemento.
    7. liña de campo FÍS Liña dun campo vectorial na que os vectores que corresponden aos seus puntos son tanxentes a ela.
    8. liña de corrente FÍS Liña que, no seo dun fluído en movemento, nun instante determinado, é tanxente, en cada punto, ao vector velocidade do fluído neste punto.
    9. liña de costa Liña de contacto entre a costa e o mar, que pode presentar diversas formas segundo o tipo de costa.
    10. liña de crestas XEOG Liña que une os puntos máis elevados situados entre dous vales.
    11. liña de falla XEOL Liña de intersección do plano de falla coa superficie topográfica.
    12. liña de forza FÍS Liña de campo cando se trata dun campo de forzas.
    13. liña de fuga MAT En perspectiva, conxunto de puntos de fuga dos restos contidos nun plano dado.
    14. liña de horizonte MAT   Intersección do plano do horizonte co cadro, en xeometría descriptiva.
    15. liña de nivel XEOG curva de nivel.
    16. liña de terra MAT Intersección do plano de terra co cadro, en perspectiva.
    17. liña equinoccial XEOG ecuador.
    18. liña mixta MAT Liña formada por segmentos rectos e curvos que se suceden alternativamente.
    19. liña neutra FÍS Liña dunha máquina eléctrica determinada pola posición das pezas condutoras que establecen o contacto eléctrico.
    20. liña trigonométrica MAT Segmento co que se representa xeometricamente, baseándose nunha circunferencia de raio 1, as funcións trigonométricas.
  1. s f
    1. Aspecto externo dunha cousa que se deduce do seu contorno.
    2. Esveltez dun corpo.
  2. s f Serie de caracteres nun escrito.
  3. s f
    1. Conduta ou comportamento dunha persoa.
    2. Tendencia ou orientación de algo.
  4. s f PESCA Arte de pesca que consta dun fío ou tanza, xeralmente de nailon ou cánabo, cunha chumbada e un ou varios anzois empalmados no extremo.
    1. s f Camiño marítimo, aéreo ou terrestre entre dous puntos para efectos de transporte ou comunicación.
    2. s f COMUN Servizo regular de vehículos que recorren un camiño.
    3. liña aérea AERON Compañía autorizada para facer operacións regulares de transporte de persoas, mercadorías e correo por medio de aeronaves.
    1. liña artificial COMUN Rede formada por elementos pasivos, que simula as características eléctricas dunha liña de transmisión.
    2. liña de atraso FÍS Liña de transmisión, real ou artificial, destinada especialmente a introducir un certo atraso nun sinal eléctrico calquera.
    3. liña de contacto TRANSP Liña de transporte da corrente eléctrica para a alimentación das locomotoras eléctricas.
    4. liña de transmisión COMUN Estrutura capaz de confinar e propagar enerxía electromagnética na dirección do seu eixe lonxitudinal, ou ben o conxunto de dous ou máis condutores que admiten propagación de ondas transversais electromagnéticas.
    5. liña de transmisión INFORM Conxunto de circuítos interconectados que permiten que os datos se transmitan entre dous terminais calquera nun momento dado. Pode operar por medio dunha conexión punto a punto ou multipunto, entre diversas estacións terminais ao longo do seu percorrido.
    6. liña eléctrica FÍS Condutor ou conxunto de condutores, xeralmente de cobre ou aluminio, que se empregan para o transporte e a distribución da enerxía eléctrica.
    1. s f Serie de cousas ou persoas dispostas dunha maneira continua nunha dirección determinada.
    2. s f BÉL Serie de persoas, situadas unha a carón da outra, principalmente a efectos militares.
    3. liña de batalla BÉL Disposición das tropas apta para as operacións de combate.
    4. liña de fogo BÉL Serie de fortificacións e unidades de poboación expostas á acción ofensiva do inimigo.
  5. s f XEN Conxunto de individuos que proceden dun proceso de autofecundacións sucesivas a partir dun só proxenitor homocigótico.
  6. s f METROL Unidade de lonxitude igual á doceava parte dunha polgada.
  7. s f COMUN Trazos en que se descompón a imaxe mediante a exploración. O conxunto de liñas constitúe a trama. Segundo a norma europea, a imaxe ten 625 liñas.
  8. ARQUIT
    1. s f Liña recta que pasa polos arranques dun arco ou dunha bóveda.
    2. liña de imposta Intersección entre o intradorso dun arco ou bóveda e o paramento do muro sobre o que se apoian cada un dos seus puntos de arranque.
  9. liña lateral ZOOL/ICT Órgano sensorial do equilibrio propio dos peixes e dos estados larvais dalgúns anfibios, que consiste nun sistema de canais mucosos superficiais distribuído polo tronco e a cola, seguindo a liña media lateral, e pola cabeza en diversas liñas ramificadas.
  10. liña Mackie IND/ARTE Liña de luz ao redor das áreas escuras dunha imaxe, que se produce por solucións deterioradas, por insuficiente axitación ou por solarización.
  11. liñas de base MAR Liña da baixamar ao longo da costa. Recoñecese nas cartas de navegación oficiais como a costa dun estado.

Sinónimos