liñaceiro

Pliral: liñaceiros
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos frinxílidos, de pequeno tamaño e coas plumas pardas, que vive en lugares de vexetación baixa.
  2. liñaceiro biquiamarelo ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos frinxílidos, que presenta a plumaxe de cor ocre riscada en negro e o peteiro amarelo, e que se alimenta de grans e certos insectos.
  3. liñaceiro común ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos frinxílidos, que presenta un peteiro gris escuro, os bordos das primarias e das rectrices externas brancos e o manto dunha viva cor marrón.
  4. liñaceiro paponegro ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos frinxílidos, de plumaxe parda riscada en negro, testa vermella e gorxa negra, e que se alimenta de sementes.

Sinónimos

Palabras vecinas