lance

< lanzar
Pliral: lances
  1. s m Acción e efecto de lanzar.
  2. s m Acontecemento destacado que se integra nun conxunto.
  3. s m Acción ou episodio interesante dentro do conxunto dunha obra literaria.
  4. s m Disputa entre dúas ou máis persoas.
  5. s m Circunstancia ou acontecemento difícil na vida dunha persoa.
  6. s m PESCA Feito de lanzar os aparellos ao mar para pescar.
  7. s m PESCA Cantidade de pesca que se recolle cada vez que se tira o aparello.
  8. s m Cada un dos movementos que se fan coa gadaña ou co fouciño durante a sega.

Confrontaciones

Citas

  • Aínda non superou o lance da súa separación
  • As dúas familias manteñen un lance desde hai moitos anos
  • Falounos dos lances do seu rescate na montaña
  • Fixeron varios lances pero non había moita pesca
  • Nesa novela hai moitos lances heroicos
  • Tiveron un bo lance de xurelo