lanzamento

< lanzar
Pliral: lanzamentos
  1. s m Acción e efecto de lanzar ou lanzarse.
  2. DEP
    1. s m Acción de lanzar a xavelina, o peso, o disco ou o martelo o máis lonxe posible, desde unha zona delimitada e de acordo co regulamento establecido.
    2. lanzamento libre Lanzamento directo a canastra, desde unha distancia de 4,60 m da táboa, por parte dun xogador ao que se lle fai falta persoal.
  3. s m MAR Acción de lanzar á auga unha embarcación.
  4. s m DER
    1. Expropiación por un acto xudicial.
    2. Acción de obrigar ao arrendatario ou ocupante dun ben inmoble, en execución da sentenza de desafiuzamento ditada por un xuíz.
  5. s m COSMON Acción de liberar un foguete, que se quere lanzar ao espazo, despois de producirse o acendido do propulsor e no momento no que este toma o pulo necesario para asegurar a resposta dos controis de mando.