irmandade

< irmán
Pliral: irmandades
  1. s f Relación de afecto entre irmáns ou persoas que comparten as mesmas afinidades.
  2. s f Asociación de persoas vencelladas por un labor ou unhas ideas comúns, establecida cun carácter benéfico para socorrer os seus membros en caso de necesidade.
  3. s f HIST Cada unha das federacións de municipios establecidas en Castela e León, inicialmente con carácter temporal, coa finalidade do interese xeral, sobre todo o mantemento da orde e da seguridade, e contra os abusos señoriais.
  4. s f RELIX
    1. Confraría de carácter piadoso.
    2. Privilexio que unha comunidade relixiosa concede a alguén para facelo partícipe dalgunhas grazas.