instrumental

< instrumento
Pliral: instrumentais
  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ao instrumento.
    2. Que serve de instrumento.
  2. adx MÚS Aplícase á música escrita para un conxunto de instrumentos, ou para instrumentos solistas, sen a intervención da voz humana.
  3. adx LING Aplícase ao caso que indica o medio ou o instrumento con que se efectúa a acción.
  4. s m Conxunto dos instrumentos destinados a un fin, especialmente dunha orquestra ou banda de música.
  5. s m MED Conxunto de instrumentos profesionais do médico ou cirurxián.
  6. causa instrumental FILOS Aquilo que serve de medio para a produción dun efecto.

Citas

  • Recolleron o instrumental da orquestra e uníronse á festa, Ten un sofisticado instrumental de navegación