instrución

Pliral: instrucións
  1. s f Acción de instruír ou instruírse.
  2. s f Conxunto de coñecementos que alguén adquiriu.
  3. BÉL
    1. s f Exercicio práctico que executan as unidades militares.
    2. instrución militar Instrución esixida a todos os individuos do exército, destinada a capacitalos para as misións que se lles poidan confiar.
  4. s f pl Indicacións que se dan para o manexo ou a utilización de algo.
  5. instrución do sumario DER Actividade investigadora levada a cabo por un xuíz instrutor, preparatoria do xuízo penal, na que se recompilan os elementos de interese para o proceso.
  6. instrución pública EDUC Instrución por conta do estado que se refire á educación dos nenos e dos mozos, efectuada a través de organismos encargados de subministrala.

Formas incorrectas

instrucción