abrir

< lat aperire
  1. v t Facer accesible aquilo que está pechado ou tapado, levantando, movendo ou extraendo aquilo que o pecha.
  2. v t Estender as partes dalgunha cousa de xeito que se incremente o seu tamaño.
  3. v t Accionar un dispositivo para poñer en marcha algo.
  4. v t Dar comezo unha actividade, poñer en marcha un negocio.
  5. v t Deixar ao descuberto algo, separando as partes que o pechan ou cobren.
  6. v t MED Facer unha incisión no corpo dun animal no transcurso dunha intervención cirúrxica.
  7. v t MAR Ampliar as gretas que hai entre dúas táboas dunha embarcación de madeira para poder introducir a estopa.
  8. v i Producirse unha fenda ou abertura.
  9. v i Principiar algo as súas tarefas de xeito habitual.
  10. v i BOT Estenderse os pétalos e sépalos dunha flor que permanecían pechados no abrocho.
  11. v i Tornarse claro o ceo.
  12. v i PAT Danarse unha articulación a causa dun golpe. Tm v pron.
  13. v pron Quedar ao descuberto algo despois de desaparecer o que impedía o seu libre acceso.
  14. v pron Separarse algo deixando o acceso libre.
  15. v pron MAR
    1. Perder, dúas embarcacións aliñadas na visual dun observador, a súa aliñación de xeito que parece que se separan unha da outra.
    2. Desagregarse ou romperse as pezas que constitúen o casco dunha embarcación de xeito que se filtra a auga no seu interior.

Antónimos

Confrontaciones

Citas

  • A fiestra abriuse pola noite por mor do forte vento
  • Abriron a nova rúa xusto antes das eleccións
  • Abriron o armario para airealo un pouco
  • Abriron o campo para logo sementar as cebolas
  • Abriron todas as roseiras que tiña na casa
  • Abríronselle os ollos co susto que levou
  • Abriu a chave do gas en canto chegou á casa, 8 v i
  • Abriu o paso do rego para que a auga chegase ás leiras das patacas
  • Abriuse o fondo do barco e foi a pique en poucas horas
  • Caín na escaleira e abriuseme o pé
  • En abril abriron catro novas tendas de Adolfo Domínguez
  • No estaleiro abriron o casco do veleiro para calafatealo
  • O abandeirado abría o desfile
  • O ano pasado abríronme o corazón e puxéronme dúas válvulas
  • Ó chegar á boca da ría os dous veleiros abríronse e non podía saber quén ía en primeiro lugar
  • Ó chegar á boca da ría os dous veleiros abríronse e non podía saber quén ía en primeiro lugar
  • O neno abriu a man para coller os caramelos
  • Para a cea do mércores abriremos a mesa do salón para poder caber todos mellor
  • Se abre o día poderemos saír a pasear

Frases hechas

  • Abrir a boca. Bocexar.
  • Abrir a man. Ser xeneroso.
  • Abrir a mesa. Escampar.
  • Abrir a porta e a arca/abrir a porta a manga e a ancha. Recibir cos brazos abertos.
  • Abrir a unha cantidade. Nas poxas, comezar a ofrecer prezos por unha cantidade determinada. No p
  • Abrir o tempo. Esti
  • Abrir unha conta. Comezar a facer operaci
  • Abrir as terras. Labrar.
  • Abrir en canal. Facer unha incisi
  • Abrir fogo. Comezar a disparar contra o inimigo.
  • Non abrir a boca. Permanecer calado, sen falar.
Verbo: abrir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

abro

abres

abre

abrimos

abrides

abren

Pretérito imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

abría

abrías

abría

abriamos

abriades

abrían

Pretérito perfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

abrín

abriches

abriu

abrimos

abristes

abriron

Pretérito pluscuamperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

abrira

abriras

abrira

abriramos

abrirades

abriran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

abrirei

abrirás

abrirá

abriremos

abriredes

abrirán

Condicional

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

abriría

abrirías

abriría

abririamos

abririades

abrirían

Subjuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

abra

abras

abra

abramos

abrades

abran

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

abrise

abrises

abrise

abrisemos

abrisedes

abrisen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

abrir

abrires

abrir

abrirmos

abrirdes

abriren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

abre

-

-

abride

-

Formas nominales

Infinitivo conjugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

abrir

abrires

abrir

abrirmos

abrirdes

abriren

Gerundio

abrindo

Participio

aberto

aberta

abertos

abertas