infarto

< lat infartu, p p de infarcio ‘reencher’
Pliral: infartos
  1. s m PAT Necrose que se localiza nunha porción de parénquima, e que se debe xeralmente a unha falta de irrigación por embolia ou obliteración brusca da arteria ou das arterias correspondentes.
  2. infarto cerebral PAT Infarto que é consecuencia dunha trombose ou embolización dunha arteria cerebral.
  3. infarto de miocardio PAT Infarto que xeralmente é consecuencia dunha trombose da coronaria esquerda.
  4. infarto intestinal PAT Obliteración dun vaso arterial ou venoso que irriga unha ou diversas asas intestinais.
  5. infarto pulmonar PAT Infarto que se orixina por unha embolia da arteria pulmonar.