implantación

< implantar
Pliral: implantacións
  1. adx Acción e efecto de implantar ou implantarse.
  2. MED
    1. s f Inserción dun implante.
    2. s f Anastomose cirúrxica terminolateral.
    3. s f Substancia, estrutura metálica ou sintética ou enxerto introducido cirurxicamente no tecido celular subcutáneo para dar soporte a unha prótese, conseguir unha liberación lenta do principio activo ou mellorar ou rexenerar a función dun órgano danado.
    4. implantación coclear Técnica cirúrxica que se emprega para o tratamento da xordeira bilateral profunda, que se basea na implantación dunha prótese que, mediante unha estimulación eléctrica directa sobre o nervio auditivo, produce no paciente unha sensación de audición.
  3. s f FISIOL Fixación na mucosa uterina do ovo fecundado.
  4. implantación iónica FÍS Procedemento que consiste en bombardear un material con átomos ionizados de suficiente enerxía para penetrar máis alá da capa superficial do material.