harmónico -ca

Pliral: harmónicos Masculino: harmónico Masculino plural: harmónicos Femenino: harmónica Femenino plural: harmónicas
  1. adx
    1. Relativo ou pertencente á harmonía.
    2. Que produce ou ten harmonía.
  2. adx MÚS Aplícase aos sons secundarios ou concomitantes nos que se descompón un son musical. Tm s.
  3. s m FÍS/MAT Cada un dos termos da serie de Fourier dunha función (análise de Fourier).
  4. s m LING Membro acústico simple que se integra con outros mediante unhas leis regulares para determinar unha onda composta.
  5. dobramento harmónico XEOL Aplícase ao dobramento que ten todos os estratos igualmente deformados de feito que conservan o paralelismo.