< lat harmonia gr ἁ ρμονία de ἁ ρμός ‘combinación’
Pliral:harmonías
sfPerfecta adaptación das partes que forman un todo.
sfBoa disposición entre dúas ou máis persoas.
sfCombinación de sons acordes ou agradables ao oído.
sfMÚS
Ciencia que ten por obxecto a formación e o encadeamento dos acordes.
Estrutura dunha obra ou dun fragmento musical considerada desde o punto de vista dos acordes e das relacións entre eles para formar ideas musicais.
LING
harmonía vocálicaFenómeno fonético polo que o sistema vocálico se compón de dous grupos de elementos separados por unha oposición distintiva, de maneira que unha soa palabra pode presentar elementos vocálicos de cada un dos grupos respectivos. OBS: Tamén se denomina harmonizaciónvocálica.
Fenómeno fonético mediante o cal os timbres dos fonemas vocálicos dunha determinada palabra tenden a equilibrarse pola presenza dun i tónico ou dun iode que palataliza unha vogal veciña, ou dun u tónico que, polo xeral, pecha a velar de grao medio pechada /o/. OBS: Tamén se denomina harmonizaciónvocálica.