adxRelativo ou pertencente a algún dos papas de nome Gregorio.
canto gregorianoMÚSCanto en latín, ao unísono, propio da liturxia da Igrexa Romana, afín ao da sinagoga (salmodia), ao das antigas liturxias cristiás occidentais e ao folclore grecorromano dos primeiros séculos do cristianismo.
misa gregorianaRELIXCada unha das misas que, en número de trinta en sufraxio por un defunto, se celebra nunha sucesión ininterrompida de días.
reforma gregorianaRELIXMovemento de reforma da Igrexa católica, nos ss XI e XII, contra a decadencia moral e institucional orixinada no s X pola desaparición da orde establecida polos carolinxios. A reforma iniciouna o papa León IX (1048), e culminouna Gregorio VII, de quen recibe o nome.