grego -ga

< lat Graecu
Pliral: gregos Masculino: grego Masculino plural: gregos Femenino: grega Femenino plural: gregas
    1. adx Relativo ou pertencente a Grecia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
    2. s Natural ou habitante de Grecia.
  1. ETN/HIST
    1. adx Relativo ou pertencente ao pobo grego.
    2. s Individuo do pobo grego.
    3. s m pl Pobo de orixe indoeuropea que chegou en sucesivos momentos históricos ata as costas do Mediterráneo a comezos do II milenio a C, procedente da conca do río Danubio, no SL de Europa.
  2. s m LING   Lingua illada da familia indoeuropea, que se fala na Hélade, e nas costas e nas illas do Mar Exeo. Na época histórica constituíu un amplo mosaico de dialectos que acadaron categoría literaria. O grego da época alfabética comezou no s VIII a C.