sfANATParte superior da cara, desde os arcos supraorbitais ata onde comeza a volta do cranio.
sfParte dianteira ou lado visible de algo.
sf
Parte dunha muralla comprendida entre dous bastións veciños.
BÉLPrimeira fila das tropas formadas ou acampadas.
BÉLEspazo ao ancho ocupado por unha porción de tropa ou exército.
BÉLExtensión de terreo sobre a que se combate.
XEOL
fronte de magmatizaciónLímite dunha magmatización.
fronte de metamorfismoLímite dun metamorfismo.
fronte de xistosidadeLímite dunha xistosidade.
fronte tectónicaParte máis avanzada dun manto de corremento.
METEOR
sfSuperficie teórica que separa dúas masas de aire de características diferentes, especialmente respecto á temperatura e á humidade.
fronte de converxencia intertropicalFronte que se establece na zona de baixas presións ecuatoriais, onde os alisios de ambos os dous hemisferios entran en contacto.
fronte polarLiña de descontinuidade atmosférica que se forma onde se atopan os fluxos de aire frío que proveñen das latitudes altas (aire polar) cos de aire quente orixinado nas altas presións subtropicais (aire tropical).
POLÍT
sfCoalición de diferentes partidos políticos ou de movementos integrados por militantes de diferentes partidos.
fronte de liberaciónFronte dirixido á consecución de liberdades nacionais.
fronte únicaFronte común propugnada pola táctica política do movemento comunista xurdida do terceiro congreso da Internacional Comunista (1921).
fronte de ondaFÍS
Parte da envolvente dunha onda, comprendida entre o punto inicial desa envolvente e o punto en que esta acada o valor máximo.
Superficie imaxinaria normal á dirección de propagación dunha onda electromagnética.
Frases hechas
2 Enfrontarse con algu
En fronte de loc adv e prep No lado oposto a. Ex: Ten o traballo en fronte da casa.
Facer fronte a 1 Tratar de solucionar un problema.