frontal

< lat frontāle
Pliral: frontais
  1. adx ANAT
    1. Relativo ou pertencente á fronte.
    2. Aplícase ao óso que forma a parte anterior e superior do cranio e participa na formación da fosa cranial anterior. OBS: Tamén se denomina óso coronal. Tm s m.
  2. adx Relativo ou pertencente á parte dianteira de algo. Tm s m.
  3. adx Que se produce de fronte e de forma directa.
  4. s m ARTE/RELIX Peza de tea, madeira decorada, metal ou doutro material que se coloca diante da mesa do altar.

Citas

  • A radio tiña o frontal extraíble
  • Produciuse un ataque frontal entre os dous políticos
  • Tivo un choque frontal