alternante

< lat alternante p pres alternāre ‘alternar’
Pliral: alternantes
  1. adx Que alterna con outro.
  2. adx Aplícase na análise tecnolóxica para denominar un trazo de posición e designa as extraccións dispostas sobre o mesmo bordo dunha peza efectuadas de xeito alternativo desde as dúas caras opostas, primeiro unha e logo outra, pero sen sobreposición.
  3. adx Que está formado por capas ou estratos que se repiten unha ou varias veces.
  4. adx Cada un dos elementos que interveñen nunha alternancia morfofonolóxica.

Citas

  • As quendas de traballo na fábrica son alternantes