foro

< lat foru
Pliral: foros
  1. s m HIST/DER Contrato agrario de longa duración e eventualmente perpetuo polo que unha persoa ou institución cede a outra o uso ou proveito dunha cousa a cambio do cumprimento de diversas condicións previamente estipuladas. As súas orixes remóntanse ao s XIII.
  2. s m HIST/DER Norma xurídica de orixe consuetudinaria ou de concesión soberana que recolle o dereito vixente nunha localidade ou territorio.
  3. s m DER
    1. Xurisdición, que pode ser ordinaria ou especial.
    2. Autoridade da que depende un estamento ou á que lle corresponde tomar decisións.
  4. s m HIST/URBAN Centro das cidades romanas onde estaba o mercado e a sede das actuacións públicas, situado, case sempre, no cruzamento das dúas vías principais.
  5. s m Dereito moral que se concede a determinadas actividades ou principios por dereito propio.
  6. s m Lugar onde actúan os tribunais de xustiza.
  7. s m Conxunto de avogados, procuradores e outros funcionarios que actúan na administración de xustiza.
  8. s m
    1. Reunión pública en que se debaten asuntos que teñen importancia cultural ou social ante un público que pode intervir na discusión.
    2. Lugar onde se celebra esa reunión.

Sinónimos

Citas

  • Ese manifesto defende os foros da arte