smTECNOLLugar pechado dentro do que calquera tipo de enerxía se converte en enerxía calorífica co fin de transformar a materia que se introduce nel. Segundo o campo de aplicación, pódense dividir en metalúrxicos, de proceso, de cocción e de petróleo.
smConstrución de carácter privado ou comunal formada normalmente por unha cámara de planta circular e un teito abovedado.
alto fornoINDForno de cuba formado por dúas seccións troncocónicas unidas pola súa base máis grande que se emprega para a extracción do ferro.
forno crematorioForno utilizado nos cemiterios para incinerar os cadáveres.
forno de microondasTECNOLForno que funciona electronicamente mediante microondas que desenvolven calor nas substancias dieléctricas.