folgado -da

< folgar
Pliral: folgados Masculino: folgado Masculino plural: folgados Femenino: folgada Femenino plural: folgadas
  1. p reg folgar.
  2. adx Que é moi amplo para o que contén.
  3. adx Que dispón de máis espazo do que sería necesario.
  4. adx Que non ten problemas económicos.
  5. adx Que non fai nada ou non ten moito traballo.
  6. adx Aplícase ao terreo de labor que está en folga.
  7. adx Aplícase á tarefa ou actividade que non necesita moito esforzo.

Citas

  • Adelgazou tanto que lle queda toda a roupa folgada
  • Anque eramos moitos íamos folgados no coche
  • Aquel era un traballo folgado e non necesitaba axuda
  • Dende que lle tocou a lotería está folgado de cartos
  • Hoxe estou folgado mándame facer algo
  • Non corrades tanto porque ides folgados de tempo, Foron folgados de comida para facer a viaxe

Palabras vecinas