smDesprendemento de calor e luz producido pola combustión dun corpo.
fogo fatuoChama errática que se produce a rentes da terra, especialmente nos cemiterios, pola combustión dos gases producidos polas substancias orgánicas en descomposición.
BÉL
smDetonación feita cunha arma de fogo.
interxoz de mando para que a tropa dispare.
smArtificio de pólvora.
sm plComposición pirotécnica de foguetes e outros artificios de pólvora de efectos luminosos e sonoros, que se lanza ao aire co fin de producir unha grande espectacularidade. OBS: Tamén se denominan fogosartificiais ou deartificio.
fogo gregoHISTComposición incendiaria formada por unha substancia inflamable composta probablemente de salitre, fósforo e cal, que se queimaba de forma espontánea en contacto coa auga.
fogo cruzadoMEDAplicación do tratamento radioterápico para que haxa diferentes focos que converxan no lugar da doenza, pero que penetren por diferentes puntos da pel para diminuír o risco de queimala.
fogo de san TelmoMETEORMeteoro ígneo que se observa ás veces na parte superior de obxectos bicudos en noites de tempestade, e que aparece en forma de pequenas chamas azuladas e brillantes.
teoría do fogo centralXEOLTeoría, xa abandonada, que establece que o centro da Terra está formado por materiais en estado de fusión que saen ao exterior a través de fisuras da codia terrestre.