fino -na

< fin
Pliral: finos Masculino: fino Masculino plural: finos Femenino: fina Femenino plural: finas
  1. adx
    1. Que ten pouco grosor.
    2. Que é aguzado.
    3. Que está formado por partículas moi pequenas.
    4. Que está formado por unha estrutura tupida ou de furados pequenos.
  2. adx Que presenta unha superficie sen asperezas.
  3. adx Que é de boa calidade ou de gran pureza.
  4. adx Que está ben proporcionado ou que ten as faccións delicadas.
  5. adx Que ten un gusto esixente.
  6. adx Que manifesta boa educación e cortesía no trato.
  7. adx Aplícase ao son ou á voz aguda e vibrante.
  8. adx Que comprende ou aprende con rapidez.
  9. adx Aplícase á persoa arteira ou aos seus feitos.
  10. adv Con fineza ou finura.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

Citas

  • A pesar dos seus anos aínda mantén fina a cute
  • As redes moi finas non deixan fuxir os peixes pequenos, Pasou a fariña por unha peneira fina
  • Desfilaron modelos de corpo fino e elegante
  • É moi fino para a comida e só merca productos de primeira calidade
  • Es moi pouco fino preguntándolle esas cousas en público
  • Escribe cun lapis de punta fina, As abellas teñen un fino ferrete
  • Leva un colar de prata fina
  • O reloxeiro fíxolle un fino traballo ao amañarlle o reloxo de peto
  • Pesaron os diamantes cunha balanza fina
  • Precisa un arame fino para desatoar o cano
  • Puxo as flores nun vaso de porcelana fina
  • Relou o queixo moi fino para botarllo aos macarróns, Aquí hai praias de fina area
  • Só falaba fino cando se atopaba en certos ambientes
  • Ten coidado con eles, que son moi finos e nunca sabes o que pretenden
  • Ten un fino oído para a música, Os cans teñen un fino olfacto
  • Xa na escola se vía que era un neno moi fino