ficción

< lat fictĭōne
Pliral: ficcións
  1. s f Acción e efecto de finxir.
    1. s f Invención ou creación da imaxinación.
    2. s f LIT/IMAX ciencia ficción.
    3. ficción dramática ESPECT Fábula a partir da que o dramaturgo configura un mundo dramático coas súas propias normas.
    4. ficción legal DER Técnica xurídica que consiste en atribuír legalmente a determinadas persoas ou cousas unha calidade ou unha condición que non teñen de seu para poder outorgarlles uns efectos determinados.
    5. ficción poética LIT Creación da imaxinación do escritor ou poeta.

Citas

  • O protagonista non existiu, é só un personaxe de ficción
  • Sei que as súas lágrimas eran pura ficción

Formas incorrectas

fición

Palabras vecinas