félido -da

Pliral: félidos Masculino: félido Masculino plural: félidos Femenino: félida Femenino plural: félidas
  1. adx Relativo ou pertencente aos félidos.
  2. s m ANIMAL Mamífero da familia dos félidos.
  3. s m pl ANIMAL Familia de mamíferos da orde dos carnívoros que presentan a cabeza arredondada, co fociño curto, ollos con pupilas que se contraen verticalmente, bigotes e barbas ben desenvolvidos, e lingua cuberta de papilas córneas. Na maior parte das especies as unllas son grandes, afiadas, curvadas e retráctiles. Presentan unha capacidade de audición e visión moi elevada.

Palabras vecinas